A UMAD consta dunha UA e dunha UD en réxime semirresidencial para abordar o tratamento dos transtornos derivados do abuso e da adición aos diferentes tipos de drogas. Ademais da posibilidade da derivación ás CT e da desintoxicación en réxime de internamento nas UDH.
A través do PIP, a UMAD ofrécelle ao paciente e á paciente a posibilidade de tomar parte, logo de superar a súa adición, nun programa que lle axude a integrarse novamente na sociedade, no mundo laboral, etc.
Desde os inicios a UMAD fixo unha aposta firme e decidida por centrar o seu campo de acción na prevención, no convencemento de que ésta é a liña fundamental na abordaxe do consumo de drogas e das súas consecuencias.