UMAD. Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes. Concello de Santiago

Saltar menú


-

Accesibilidade

A UMAD e o Concello de Santiago procuran que a presentación de todos os contidos e funcionalidades esenciais da web sexan independentes dos dispositivos físicos e dos navegadores web empregados para tal fin, codificados con estándares técnicos de uso libre e gratuíto e accesibles para navegadores adaptados a persoas con eivas ou limitacións sensoriais, motoras ou cognitivas.

A Unión Europea, na resolución do Consello de 25 de marzo de 2002, anima os Estados membros a ter en conta a necesidade de que os contidos dixitais sexan accesibles e, seguindo esta recomendación, a Lei 34/2002, de 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, dispón que as Administracións Públicas adopten as medidas necesarias para que a información dispoñible nas súas páxinas web sexa accesible a persoas con discapacidades e de idade avanzada, de acordo cos criterios de accesibilidade ao contido, xeralmente recoñecidos, antes do 31 de decembro de 2005.

En coherencia con este obxectivo, o deseño da web da UMAD realizouse tendo en conta as recomendacións de accesibilidade para o primeiro nivel de prioridade das directrices WAI (Web Accessibility Initiative) do W3C.

Teclas de acceso rápido:
  • Tecla 0: Ir á páxina de accesibilidade (esta páxina)
  • Tecla 1: Ir á páxina de inicio
  • Tecla 2: Saltar a navegación e ir ao contido

O acceso ás ligazóns que teñen unha tecla de acceso rápida definida realízase premendo distintas combinacións de teclas segundo o navegador:

* Microsoft Internet Explorer: Prema a combinación de teclas ALT + tecla de acceso rápido, e a continuación Retorno (Enter).
* Netscape e Firefox: Prema só a combinación de teclas ALT + tecla de acceso rápido.
* Opera 7 e superior: Prema a un tempo as teclas Shift (a empregada para escribir letras maiúsculas unha a unha) e Esc, sólteas e a continuación prema só a tecla de acceso rápido.

En Macintosh a tecla ALT substitúese pola tecla CTRL.


© 2006 Concello de Santiago

Aviso legal | Accesibilidade