UMAD. Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes. Concello de Santiago

Saltar menú


-

Unidade asistencial

Os dispositivos asistenciais onde se desenvolven as actividades do tratamento en réxime ambulatorio son as Unidades Asistenciais de Drogodependencias (UAD), isto é, centros ou servizos de tratamento ambulatorio nos que se desenvolven diferentes tipos de programas terapéuticos en relación coas drogodependencias.

A oferta terapéutica dispensada nunha UAD concrétase na seguinte carteira de servizos:
  • Programa de Atención Xurídico Social (PAXS).
  • Programa de Información, Orientación e Acollida (POA).
  • Programa Socio-Educativo.
  • Programa de Tratamento Libre de Drogas (PTLD).
  • Programa de Tratamento con Antagonistas Opiáceos (PTAO).
  • Programa de Tratamento con Agonistas Opiáceos (PTO).
  • Programa de Tratamento con Interditores do Alcol (PTIA).
  • Programa de Tratamento para Dependencia a Psicoestimulantes (PTDP).
  • Subprograma de Tratamento de Desintoxicación (STD).
  • Subprograma de Tratamento de Diminución do Dano (STDD).
  • Subprograma de Tratamento de Prevención de Recaídas (STPR).

Ademais dos labores asistenciais relacionados co desenvolvemento da anterior carteira de servizos, as áreas de intervención do equipo dunha UAD son:
  • O apoio e/ou desenvolvemento de actuacións de formación/prevención.
  • O apoio e a colaboración nas diferentes actuacións de incorporación social.
  • A coordinación con outros dispositivos de drogodependencias e de saúde mental.
  • A coordinación con centros de saúde e con outros servizos sanitarios, servizos sociais, axentes comunitarios, etc.

Este dispositivo enténdese coma o recurso central e vertebrador da planificación asistencial no territorio de actuación asignado.



© 2006 Concello de Santiago

Aviso legal | Accesibilidade