UMAD. Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes. Concello de Santiago

Saltar menú


-

Asistencia

Para ampliar a imaxe da Área Asistencial pulsa sobre o mapa

Mapa dos concellos de Galicia

A finalidade é o tratamento completo dos transtornos derivados do abuso e da adición ás diferentes drogas:
  • Abordando directamente as complicacións psiquiátricas en réxime ambulatorio ou semirresidencial, segundo se precise.
  • Derivando ás Comunidades Terapéuticas da rede asistencial da Subdirección Xeral de Saúde Mental e Drogodependencias ou en coordinación cos servizos xerais de saúde do Sergas para o tratamento das complicacións somáticas ou o tratamento de desintoxicación nas Unidades de Hospitalización.

Esta é unha das tarefas primordiais na UMAD: prestarlle asistencia sanitaria e psicolóxica a aquelas persoas que padezan unha adición a calquera tipo de droga. Para darlle solución a este tipo de problemas a UMAD emprega cinco tipos de recursos diferenciados:
  • Tratamento da dependencia e complicacións psiquiátricas na Unidade Ambulatoria. Unha área da que dependen un total de 40 concellos (como se pode apreciar no mapa superior).
  • Tratamento en réxime semirresidencial na Unidade de Día.
  • Derivación á Comunidade Terapéutica para o tratamento en réxime residencial.
  • Coordinación cos servizos xerais de saúde para tratar as complicacións somáticas.
  • Derivación ás Unidades de Desintoxicación Hospitalarias (UDH) para tratamentos de desintoxicación en réxime de ingreso hospitalario.

A persoa con drogodependencia que se achega á UMAD e se lle atribúen como terapia as consultas na UAD recibe asistencia ambulatoria, isto é, nela a persoa con drogodependencia pode formar parte dunha serie de programas de acollida, desintoxicación, tratamentos libres de drogas, tratamentos con antagonistas opiáceos, con interditores do alcol, etc. Ou se se considera necesario, programase o seu ingreso hospitalario para o tratamento de desintoxicación.

Durante o tratamento ambulatorio procedese ao diagnóstico e tratamento das complicacións somáticas asociadas co abuso de drogas en coordinación cos servizos xerais de saúde do Sergas.

Un tratamento de carácter semirresidencial é o que recibe o paciente ou a paciente na Unidade de Día (UD) e a ela poden acceder derivados dalgunha das modalidades de tratamento que constitúen a UAD.

Finalmente, aqueles e aquelas pacientes que precisen tratamento en réxime residencial son derivados, desde a UMAD a unha Comunidade Terapéutica (CT) das que integran a Rede de Atención a Drogodependentes.



© 2006 Concello de Santiago

Aviso legal | Accesibilidade