UMAD. Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes. Concello de Santiago

Saltar menú


-

Comunidade terapéutica

A Comunidade Terapéutica é un recurso pertencente á Rede de Atención a Drogodependentes que se sitúa no terceiro nivel asistencial do circuito terapéutico do Subdirección Xeral de Saúde Mental e Drogodependencias.

Trátase dun dispositivo que realiza tratamentos de deshabituación e rehabilitación en réxime residencial, orientado a dar resposta satisfactoria a determinados e determinadas pacientes drogodependentes, no caso de que a súa recuperación se considere difícil no seu medio.

As intervencións e os obxectivos nas Comunidades Terapéuticas caracterízanse pola abordaxe intensiva e global, con actividades fundamentalmente de tipo psicoterapéutico, ocupacional, socioeducativo e médico-sanitario.

Os ingresos dos e das pacientes nas Comunidades Terapéuticas realízanse por decisión dos equipos das Unidades Asistenciais de Drogodependencias (UAD) en estreita relación e coordinación co equipo das Comunidades Terapéuticas (CT), que no caso da área sanitaria de Santiago de Compostela realízaa o equipo de profesionais da UMAD, cando como resultado da valoración técnica se estima que este é o recurso máis axeitado para un ou unha paciente. Se se dá este caso, desde a UAD lévanse a cabo todas as xestións necesarias para realizar a derivación do caso a calquera das Comunidades Terapéuticas existentes na Comunidade Autónoma de Galicia ou, nalgunhas ocasións, a outras Comunidades Autónomas.



© 2006 Concello de Santiago

Aviso legal | Accesibilidade