UMAD. Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes. Concello de Santiago

Saltar menú


-

Programa de Tratamento para Dependentes de Psicoestimulantes (PTDP)

Ante as novas demandas establécese a necesidade de deseñar un programa específico de tratamento para as persoas con abuso e/ou dependencia a psicoestimulantes (cocaína, anfetaminas, drogas de síntese, etc.).

Poboación receptora

Pacientes que presentan consumo/dependencia de substancias psicoestimulantes como droga principal.

Obxectivos específicos

  • Aumentar o control sobre a conduta de consumo de drogas, incrementando os tempos de abstinencia.
  • Extinciión da conduta de consumo de drogas.
  • Aumentar a motivación para abstinencia.
  • Mellorar o funcionamento social e incrementar o apoio social.
  • Modificar os hábitos prexudiciais para a saúde.
  • Restablecemento do nivel de saúde.

Metoloxía

  1. Acollida e valoración: a primeira fase do tratamento, a avaliación biopsicosocial, realízase no Programa de Orientación e Acollida (POA) previo á entrada no programa. Decídese tamén a modalidade máis axeitada: ambulatoria, semirresidencial ou residencial.
  2. Explicación do PTDP: Nesta fase realízase apoio psicofarmacolóxico se é necesario. Explícaselle ao/á paciente a sistemática de traballo (frecuencia de intervencións, abordaxe individual e grupal).
  3. Seguemento: intervencións médicas, psicolóxicas e sociais.

Ademais das técnicas específicas da terapia cognitivo conductual, tamén se levarán a cabo outras intervencións:
  • Intervencións breves.
  • Orientación familiar.
  • Consello de saúde.
  • Terapia familiar.
  • Psicoterapia individual.
  • Terapia de apoio.
  • Intervencións sociais.
  • Terapias farmacolóxicas.
  • Prevención de recaídas.
  • Intervencións de reducción de danos.
  • Psicoterapia de grupo.
  • Entrevista motivacional.

Voltar


© 2006 Concello de Santiago

Aviso legal | Accesibilidade