UMAD. Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes. Concello de Santiago

Saltar menú


-

Programa de Tratamento Libre de Drogas (PTLD)

Programa de deshabituación orientado á abstinencia e que adopta a súa denominación no senso da non utilización dun fármaco específico para a abordaxe da conducta adictiva da/o paciente, facendo fincapé na aplicación de intervencións psicoterapéuticas, sociais e farmacolóxicas.

Poboación receptora

  • Persoas que presentan consumo/dependencia de substancias distintas dos opiáceos.
  • Persoas que, consumindo opiáceos, aínda non desenvolveron unha dependencia a eles, non manifestan deterioración biopsicosocial significativa, e contan con suficiente apoio familiar e social.
  • Drogodependentes que presentan unha alta motivación para a abstinencia.
  • Pacientes con evolución favorable noutros programas e como paso previo á súa alta terapéutica.

Obxectivos específicos

  • Extinción da conduta drogodependente e de abuso e consumo de drogas que o suxeito presente.
  • Prevención do uso de drogas no medio social da/o paciente: familia, grupo de iguais.
  • Reestructuración da situación persoal, familiar e social do suxeito drogodependente, potenciando o cambio de estilo de vida.
  • Restablecemento do nivel de saúde.
  • Alta terapéutica.

Metodoloxía

Nas primeiras citas perfílase o diagnóstico e elabórase un plan de intervención terapéutico axustado ás súas necesidades, informando deste á/ao paciente, así como do funcionamento, sistemática e obxectivos do PTLD.

O obxectivo específico deste programa é a deshabituación psicolóxica e o cambio no estilo de vida. As intervencións céntranse no ensino de estratexias de afrontamento de situacións de risco de consumo e no adestramento en estratexias de resolución de problemas, na procura dun estilo de vida máis saudábel e na autonomía persoal do paciente.

Ademais das técnicas específicas de manexo do comportamento adictivo e craving, levaranse a cabo outras intervencións:
  • Intervencións breves.
  • Entrevista motivacional.
  • Consello de saúde.
  • Orientación familiar.
  • Psicoterapia individual.
  • Terapia familiar.
  • Psicoterapia de parella.
  • Terapia de apoio.
  • Intervencións médico-sanitarias.
  • Terapias farmacolóxicas.
  • Intervencións sociais.
  • Intervencións de redución de danos.
  • Prevención de recaídas.
  • Psicoterapia de grupo.

Voltar


© 2006 Concello de Santiago

Aviso legal | Accesibilidade