UMAD. Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes. Concello de Santiago

Saltar menú


-

Subprograma de Tratamento de Desintoxicación (STD)

O STD consiste nun conxunto de medidas farmacolóxicas e doutro tipo, encamiñadas á suspensión no consumo de substancias psicoactivas e ao tratamento e á superación da sintomatoloxía de abstinencia. Esta etapa non pode considerarse suficiente para a resolución da problemática da drogodependencia, mais
sen dúbida, é unha opción que lle permite ao/á drogodependente iniciar un tratamento que o achegue á rede asistencial. Ten que seguirse dun tratamento de deshabituación completo para tratar de solucionar a dependencia psíquica e facilitar a reincorporación social do/da paciente.

Popobación receptora

Existe unha indicación terapéutica clara: o tratamento dun/dunha drogodependente, de calquera tipo de substancia, no que sexa necesaria a superación da dependencia física.

Obxectivos específicos

  • Eliminar a dependencia física.
  • Conseguir unha orientación ou derivación axeitada a un determinado recurso.

Metodoloxía

Tipos de desintoxicación
Segundo o ámbito onde se realiza:
  • Desintoxicación ambulatoria: é a modalidade máis frecuente. O/a paciente permanece no seu medio, preferentemente cun/cunha familiar ou persoa de apoio, e acode á UAD ou centro sanitario de referencia coa frecuencia que o equipo determine (diaria ou 2-3 veces por semana). O/a médico proporciónalle unha pauta de fármacos para superar a síndrome de abstinencia.
  • Desintoxicación hospitalaria: realízase na UDH baixo supervisión médica. Procédese á suspensión no consumo da substancia e administranse fármacos para evitar a aparición da síndrome de abstinencia.

Outras intervencións deste subprograma
  • Consello de saúde.
  • Apoio psicolóxico.
  • Orientación familiar.
  • Apoio social.
  • Entrevista motivacional.
  • Programación de actividades e deportes.
  • Outras.

Voltar


© 2006 Concello de Santiago

Aviso legal | Accesibilidade