UMAD. Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes. Concello de Santiago

Saltar menú


-

Programa de Atención Xurídico Social (PAXS)

Este programa ofrece asesoramento xurídico e orientación a todos/as os/as usuarios/as e busca alternativas á prisión naqueles casos nos que exista condea xudicial. Deste xeito acádase unha maior efectividade nos tratamentos e redúcense simultaneamente os delictos. Como complemento a estas actuacións tamén se asesora en materia administrativa, civil, laboral, etc. e calquera outra na que os/as usuarios/as do Centro poidan ter dúbidas. Así mesmo, as súas familias vense favorecidas por este programa ao estar directamente afectadas pola problemática xudicial. No suposto de poder acollerse á asistencia xurídica gratuíta oriéntanse nos pasos a seguir para nomear avogado/a de oficio.

Os fins primordiais do PAXS son:
  • Motivación cara ao tratamento, utilizando o programa como medio de achegamento á unidade.
  • Informar e orientar os/as afectados/as e as súas familias sobre os seus dereitos, a súa realidade xudicial e as alternativas asistenciais existentes para un tratamento máis efectivo.
  • A coordinación cos/coas avogados/as, forenses e demais profesionais que interveñen no proceso xudicial, na búsqueda de solucións axeitadas.
  • A elaboración de informes psicosociais e médicos que poidan servir como proba pericial nos Tribunais de Xustiza, así coma o seguemento das persoas que se atopan en liberdade condicional.
  • Coordinación cos equipos das Institucións Penitenciarias para que os/as penados/as inicien ou continúen o tratamento.
  • A posibilidade de realizar traballos en beneficio da comunidade substitúe a pena sempre que o/a condeado/a queira e o/a xuíz/a o considere oportuno.

Este programa consiste, en definitiva, en orientar os/as usuarios/as na búsqueda de alternativas á prisión e en conseguir ao tempo unha maior efectividade nos tratamentos.
Voltar


© 2006 Concello de Santiago

Aviso legal | Accesibilidade