UMAD. Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes. Concello de Santiago

Saltar menú


-

Programa socioeducativo

As actividades do programa socio-formativo, concibidas de forma aberta, facilitan a incorporación dos doentes con máis dificultades tanto nas súas capacidades para conseguir a abstinencia e comezar a normalización social, como outros con actividades laborais e/ou familiares que non poden comprometerse cun horario extenso.

Serve tamén como alternativa ocupacional e reeducativa orientada aos pacientes do programa de mantemento con metadona con máis dificultades na abstinencia e que están excluídos doutros programas ben por non cumprimentar os seus requisitos de admisión ben porque se os doentes se arredasen voluntariamente.

Perfil dos demandantes deste programa

  • Traballador/a que ten pouco tempo libre para planificar unha actividade.
  • Medo a incorporarse a un grupo normalizado.
  • Persoas que necesitan retomar estudos.
  • Persoas xoves que teñen dificultades para continuar ou que abandonaron a súa escolarización primaria.

Actividades


Carácter educativo
  • Curso de informática (nivel I e nivel II).
  • Curso de lingua inglesa.
  • Curso de español para estranxeiros.
  • Curso de seguridade vial e preparación do test de autoescola.
  • Titorías (individualización nos estudos).
  • Utilización da biblioteca e préstamo de libros.
  • Obradoiro de planchado.
  • Curso de cociña fácil e economía domestica.

Carácter lúdico-ocio/tempo libre (abertas a outros colectivos)
  • Actividades deportivas.
  • Tai-chi.
  • Actividades culturais: cine/música.
  • Actividades de expresión plástica.
  • Actividades complementarias.
  • Saídas culturais organizadas.
  • Saídas de ocio e tempo libre.
  • Manualidades con reciclaxe

Carácter sanitario e preventivo
  • Obradoiro de "sexo máis seguro" (impartido pola ATS da UMAD).
  • Obradoiro sobre o consumo de menor risco para consumidores intravenosos activos (impartido pola ATS da UMAD).
  • Actividades encamiñadas ao cambio da imaxe persoal e novos hábitos (utilización dos servizos de perruqueria, de ducha e rouperio, obradoiro de prancha de roupa, así como de técnicas de cambio de imaxe persoal)

Voltar


© 2006 Concello de Santiago

Aviso legal | Accesibilidade