UMAD. Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes. Concello de Santiago

Saltar menú


-

Programa de Tratamento con Antagonistas Opiáceos (PTANO)

Programa de deshabituación que se caracteriza principalmente pola utilización dunha substancia antagonista opiácea (naltrexona), ademais de intervencións psicolóxicas e sociais.

Así, o tratamento con naltrexona bloquea os efectos e/ou respostas obxectivas e subxectivas producidas polos opiáceos.

Trala toma do antagonista non se experimenta o reforzo positivo en resposta ao uso de opiáceos, sendo este proceso o que axuda á extinción da conducta de busca de drogas.

Non produce tolerancia, dependencia nin aparecen síntomas de abstinencia tras a interrupción do tratamento.

Poboación receptora

Pacientes con abuso/dependencia de opiáceos con:
  • Escaso grao de deterioración biopsicosocial, boa motivación para abandonar o consumo, e que poden beneficiarse dunha medida de contención farmacolóxica en relación co desexo de consumo.
  • Fracasos anteriores en PTLD.
  • Pacientes con evolución favorable noutros programas (PTDO) e modalidades de tratamento (CT, UD) e como paso intermedio a PTLD.

Obxectivos específicos

  • Aumentar a adherencia ao tratamento mediante a administración continuada dunha medicación facilitando intervencións psicoterapéuticas encamiñadas á extinción do desexo e á busca de alternativas no estilo de vida.
  • Cesamento do consumo de opiáceos.
  • Previr as recaídas.
  • Reducir os riscos asociados ao consumo de opiáceos trala desintoxicación.
  • Modificar os hábitos prexudiciais de saúde.
  • Restablecemento do nivel de saúde.

Metodoloxía

  1. Fase de indución: unha vez confirmado que o/a paciente leva un período mínimo de 72 horas, nos casos dos opiáceos de vida media curta (heroína), e 5 días, para os opiáceos de vida media longa (metadona, buprenorfina, etc.), realizarase a proba da naloxona coa fin de verificar que o/a paciente está libre de opiáceos, reducindo a probabilidade de precipitar a abstinencia.
  2. Fase de estabilización: considérase que é o primeiro mes trala inducción. O craving desaparece no 80% dos/das adictos/as durante o primeiro mes, mentres que os síntomas de abstinencia prolongada poden durar meses.
  3. Fase de mantemento: o tratamento con naltrexona, en xeral, non debe ser inferior aos seis meses, recomendándose períodos dun ano para a súa prescrición.

Ademais da toma da naltrexona proporcionaránselle ao paciente outras medidas terapéuticas:
  • Intervencións breves.
  • Orientación familiar.
  • Consello de saúde.
  • Terapia familiar.
  • Psicoterapia individual.
  • Terapia de apoio.
  • Intervencións sociais.
  • Terapias farmacolóxicas.
  • Prevención de recaídas.
  • Intervencións de reducción de danos.
  • Psicoterapia de grupo.
  • Entrevista motivacional.

Voltar


© 2006 Concello de Santiago

Aviso legal | Accesibilidade