UMAD. Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes. Concello de Santiago

Saltar menú


-

Subprograma de Tratamento de Diminución do Dano (STDD)

Trátanse dunha serie de medidas para facilitar que os/as consumidores/as de drogas que non se atopen en condicións de abandonar o consumo, atopen a axuda necesaria para mellorar o seu estado de saúde e as súas condicións de vida.

Neste senso, o STDD ten como obxectivo inmediato facilitar o achegamento á rede asistencial dun grupo de usuarios/as de drogas, que noutras modalidades non accederían as UAD, para contribuír así á mellora do seu
estado de saúde xeral.

Poboación receptora

  • Todos/as os/as consumidores/as de drogas que realicen conductas de risco.
  • Estará especialmente indicado naqueles casos que presenten unha maior deterioración biopsicosocial e que non poidan ou non desexen deixar de consumir.

Obxectivos específicos

O obxectivo global deste programa consiste en ofrecerlle, a un grupo determinado do colectivo de usuarios/as de drogas, unha forma de tratamento que os/as manteña en contacto coa rede asistencial e contribuír así a mellorar o seu estado xeral de saúde. Máis concretamente, sinálanse os seguintes obxectivos:
  • Mellorar certos parámetros do consumo e da súa seguridade (non compartir xiringas, manter relacións sexuais sen risco etc.).
  • Reducir a morbi-mortalidade e mellorar a calidade de vida dos/das usuarios/as.
  • Motivar o/a paciente para que elabore unha demanda de tratamento que teña a abstinencia como meta posíbel.

Sistemática

  • Programas de intercambio de xiringas.
  • Distribución de preservativos.
  • Programas de tratamento con derivados opiáceos de baixo limiar.
  • Obradoiros de consumo de menos risco.
  • Obradoiros de sexo máis seguro.
  • Programas de traballo de rúa.
  • Obradoiros

    Obradoiro de consumo de menos risco
    Obxectivos xerais:
    • Diminuír o número de prácticas de risco asociadas ao consumo de drogas entre os/as drogodependentes.
    • Evitar novos casos de infección por VIH e hepatite, así como de sobredoses.

    Obxectivos específicos:
    • Aumentar o nivel de información.
    • Incrementar a capacidade dos/das drogodependentes para realizar un consumo de menos risco.
    • Incrementar o acceso dos/das drogodependentes aos recursos sociosanitarios.

    Aspectos a traballar:
    • Condutas de consumo de risco e técnicas de inxección de menos risco.
    • Información sobre formas de consumo, SIDA, hepatite e sobredoses.
    • Habilidades para a toma de iniciativa e solucións.
    • Recursos asistenciais e sanitarios cunha proposta de sesións de 9 horas: na Primeira Sesión trátase o consumo de menos risco e as técnicas de adminstración intravenosa; na Segunda Sesión trátase o consumo de menos risco e a percepción deste risco; na Terceira Sesión trátase a sobredose, a súa prevención, identificación e actuación.

    Obradoiro de Sexo Máis Seguro
    Obxectivos xerais:
    • Diminuír o número de prácticas de relacións sexuais de risco entre os/as drogodependentes que asisten ao obradoiro.
    • Evitar novos casos de Enfermidades de Transmisión Sexual (ETS) e SIDA entre os UD que participan no obradoiro.

    Obxectivos específicos:
    • Aumentar o nivel de información.
    • Aumentar o control e planificación das relacións íntimas.
    • Incrementar o nivel de autoeficacia dos drogodependentes.
    • Incrementar o acceso dos/das drogodependentes aos recursos sociosanitarios.
    • Maximizar vantaxes e minimizar desvantaxes derivadas das diferentes medidas preventivas.

    Aspectos a traballar:
    • Condutas sexuais de risco e de prevención.
    • Información sobre sexualidade, o preservativo e as ETS, SIDA.
    • Anticipación e planificación da conduta sexual.
    • Percepción de control.
    • Autoeficacia e habilidades de comunicación.
    • Análise das vantaxes e desvantaxes das medidas preventivas.
    • Recursos asistenciais e sanitarios.

    Voltar


© 2006 Concello de Santiago

Aviso legal | Accesibilidade