UMAD. Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes. Concello de Santiago

Saltar menú


-

Programa de Tratamento con Interdictores do Alcol (PTIA)

Os interdictores son un grupo de substancias que impiden a metabolización do alcol producíndose un aumento do acetaldehido no sangue, o que resulta nunha intoxicación con sintomatoloxía disuasoria (típico cadro alérxico).

Non actúan directamente sobre o desexo de beber, senón a xeito de efecto disuasorio polo feito de estar advertida/o a/o paciente dos efectos que se lle producirán pola interacción co alcol.

O tratamento farmacolóxico con interdictores sempre debe ir acompañado doutras medidas terapéuticas de carácter psicosocial:
  • Os interdictores só teñen unha función complementaria-disuasoria dentro dun programa terapéutico.
  • A/o paciente ten que saber que o toma, entender o seu sentido e telo aceptado.
  • Non actúa en substitución da forza de vontade, senón que a/o paciente está a exercer a vontade de non beber levando voluntariamente unha conducta de evitación que pecha o camiño a posibeis impulsos.
  • Os interdictores facilitan o prognóstico favorábel a longo prazo da/o paciente cando se inclúe nun programa terapéutico.

Poboación receptora

Toda/o paciente que presente unha dependencia do alcol, que poida beneficiarse dunha medida de contención farmacolóxica en relación co desexo de consumo.

Obxectivos específicos

  • Facilitar a conducta abstinente fronte ao consumo do alcol, previndo recaídas no consumo de bebidas alcohólicas.
  • Facilitar o control de recaídas noutras drogas en dependentes a opiáceos ou cocaína.
  • Facilitar a abordaxe terapéutica sobre os factores relacionados co uso de alcol e doutras drogas dende a abstinencia.

Metodoloxía

Ademais da toma do interditor proporcionaránselle á/ao paciente outras medidas terapéuticas:
  • Intervencións breves.
  • Orientación familiar.
  • Consello de saúde.
  • Terapia familiar.
  • Psicoterapia individual.
  • Terapia de apoio.
  • Intervencións sociais.
  • Terapias farmacolóxicas.
  • Prevención de recaídas.
  • Intervencións de redución de danos.
  • Psicoterapia de grupo.
  • Entrevista motivacional.

Voltar


© 2006 Concello de Santiago

Aviso legal | Accesibilidade