UMAD. Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes. Concello de Santiago

Saltar menú


-

Programa de Orientación e Acollida (POA)

A necesidade de establecer estratexias facilitadoras do acceso ao tratamento e de avaliar as demandas de atención relacionadas coa problemática das drogodependencias, xustifican a existencia deste programa, sendo un dos seus principais obxectivos captar a demanda do/da paciente independentemente da abstinencia e do cumprimento do tratamento.

O POA é a porta de entrada ao circuito da rede asistencial e faise necesariamente dende as Unidades Asistenciais de Drogodependencias (UAD).

Poboación receptora

  • Persoas que soliciten orientación e tratamento en relación ao consumo de drogas.
  • Familias, amigos/as, etc. que demanden orientación sobre como manexar no seu medio un problema de consumo de drogas.
  • Colectivos (de educadores, sanitarios, mediadores e detraballadores sociais, etc.) que demanden orientación sobre o manexo de situacións relacionadas co tema.
  • Institucións que precisen información e/ou asesoramento sobre a materia.
  • Poboación xeral que desexe información sobre o fenómeno do consumo de drogas.

Obxectivos específicos

Divídense segundo tres grupos:
A. Pacientes:
  • Información sobre a oferta terapéutica do servizo.
  • Coñecemento da problemática do/da paciente e da súa demanda (apertura da historia clínica, elaboración dun diagnóstico biopsicosocial e asignación terapéutica).
  • Favorecer a motivación para o proceso de tratamento.
B. Familias:
  • Informar sobre a oferta asistencial.
  • Informar e orientar sobre a problemática da adicción a substancias e o proceso de tratamento.
  • Conter e manexar situacións de ansiedade no grupo familiar.
  • Ofrecer pautas de intervención, motivación e axuda no grupo familiar.
  • Motivar a familia para colaborar no proceso de tratamento.
C. Poboación xeral:
  • Informar e asesorar sobre o fenómeno do consumo de drogas.
  • Ofrecer pautas de actuación adaptada ao medio da persoa que fai a demanda.

Metodoloxía

Ante unha demanda de información para a admisión a tratamento, darase cita cun profesional da UAD para iniciar a fase de acollida.

O sistema de chegada ás UAD é a través dunha cita previa que se pode solicitar directamente nas UA, por teléfono, en persoa ou a través das derivacións que se establecen dende recursos sociais ou sanitarios que detecten o posible caso.

As acollidas de posibles novos casos (sen tratamento previo) serán avaliadas polo traballador social, médico e psicólogo da UAD.

No referente á atención aos casos con tratamento/s previo/s, será o/a último/a profesional que atendeu o/a paciente o/a encargado/a de iniciar a nova fase de acollida.

As/os profesionais responsabeis do caso recollen os datos necesarios, explícanlle ao/á paciente o funcionamento do servizo e as normas básicas para ser incluído/a a tratamento na UAD. Nas primeiras citas asínase a autorización de ingreso voluntario polo tratamento que vai realizar na UAD e, se o caso non fose competencia desta unidade, será derivado ao recurso apropiado.
Voltar


© 2006 Concello de Santiago

Aviso legal | Accesibilidade