UMAD. Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes. Concello de Santiago

Saltar menú


-

Integración social

Entendemos por integración social todas aquelas accións e intervencións, encamiñadas a facilitar e posibilitar que a persoa desenvolva as súas capacidades persoais e sociais, asumindo o papel de protagonista do seu propio proceso de socialización.

A integración social, atende os procesos de cambio persoais e sociais. Estes procesos son simultáneos e progresivos e é imprescindible a participación da persoa de xeito activo.

Cada persoa parte, con máis ou menos habilidades, cunhas carencias e necesidades concretas, dunha situación-problema particular que fai que os ritmos sexan diferentes, as metas variadas e variables e polo tanto, o proceso de integración persoalizado e flexible.

No programa de incorporación social fixaranse uns obxectivos consensuados con cada persoa para traballar:
  • busca de emprego
  • formación para o emprego
  • orientación no tempo de lecer
  • derivacións aos servizos sociais de base e recursos normalizados
  • asesoramento nos diferentes ámbitos
  • en definitiva, orientar e colaborar coa busca de recursos que faciliten que a persoa logre acadar a sua plena integración social.

A UMAD estrea un novo instrumento para as accións referidas á orientación e busca de emprego.
Esta nova ferramenta é o BLOG de orientación para o emprego. Desde este blog pódense consultar dúbidas e obter axuda para a inserción laboral.
/umad/mediateca/Programa_socioeducativo/Blog_PSE.html
Recentemente creouse a web Compostela integra. Este é un espazo de encontro virtual para profesionais de distintos ámbitos que están a traballar en rede con algún dos dispositivos da Área de Acción Social do Concello de Santiago de Compostela.



© 2006 Concello de Santiago

Aviso legal | Accesibilidade