UMAD. Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes. Concello de Santiago

Saltar menú


-

A UMAD en Europa

A UMAD ven de participar na Conferencia internacional: Saúde para todos - Un reto para os municipios e rexións.
Esta Conferencia realizouse o pasado 7 de outubro de 2011 celebrouse en Leipzig (estado de Saxonia, Alemaña)
A presenza da UMAD neste encontro internacional materializouse mediante o póster: O Camiño de Santiago Camiñando hacia a saúde.
O contido do póster amosa o traballo desenvolvido no Municipio de Santiago de Compostela nestes anos nó ambito da prevención, sinalando os obxectivos, as metodoloxías e resultados acadados. Fundamentalmente destaca o éxito do traballo preventivo a través dun plantexamento comunitario.
Neste encontro participaron profesionais de diferentes países (Alemaña, Reino Unido, Estados Unidos de Norteamérica, etc.) para tratar temas relaciondos coa saúde e a prevención, desde unha perspectiva de proximidade local e rexional.
Ao longo da xornada desenvolvéronse ponencias, obradoiros e mostra de experiencias a través de pósters.

Mírate: os/as pais/nais ante situacións que xeran violencia"
Programa europeo Gruntvig 2
  • Recentemente tivo lugar en Monza (Italia) a 3ª reunión de traballo do Proxecto Mírate.
    Nela analizáronse os resultados obtidos coas enquisas de valoración do proxecto, e definíronse a estructura e e contidos das actividades a realizar.
    Imaxe reunión de traballo, Imaxe grupo de traballo
    Ademáis tivemos a oportunidade de compartir unha sesión de traballo co Profesor Cirillo da Escola de Milán Co Profesor Cirillo, Ana María Sorrentino e Mateo Selvini
  • En xuño de 2009 realizouse en Bérgamo (Italia) a segunda reunión de traballo na que se definiron os materiais (enquisas) para avaliar o desenvolvemento do Programa Mírate. Imaxe dos participantes
  • No mes de outubro de 2008 celebrouse en Varsovia (Polonia) a 1ª reunión de traballo na que participaron profesionais da UMAD. Imaxe 1, Imaxe 2
  • A duración do proxecto é de dous cursos escolares 2008/2009 e 2009/2010
    Os países que integran este novo proxecto son:
    - Polonia (país coordinador)
    - Italia
    - España
    - Rumanía

    O obxectivo principal do proxecto é educar os pais e nais na área da prevención da violencia.
    Como resultado elaborarase unha recompilación de material común sobre as mellores prácticas de prevención da violencia.
    Os profesionais participantes plantexarán e analizarán os interrogantes: ¿Como ser pais? ¿como evitar errores na educación dos fillos? ¿como sobrelevar as súas propias emocións?. As respostas proporcionarán indicacións para que os/as pais/nais se capaciten no manexo das propias emocións na educación dos seus fillos e as súas fillas, tendo en conta que son un grupo con necesidades educacionais específicas.
    O resultado final e o beneficio de participar neste programa é a elaboración por parte dos profesionais dun material común para traballar cos pais e nais, despois de realizar un traballo de análise de todas as experiencias.
    Pinchar aquí para acceder á web do Proxecto Mírate

    A UMAD participa no Programme of comunity action in the field of health

    Con data 26 de maio do 2008 a unidade municipal de atención a Drododependentes foi invitada a participar na convocatoria europea da creación da red europea Programme of comunity action in the field of health (2008-2013). Para implementar o programa solicitouse financiación na convocatoria de PHEA (Agencia Europea de Salude Pública 2008-2013). As bases e criterios de selección están publicadas no diario oficial europeo o 27 de febreiro do 2008.
    A participación neste programa europeo que coordina a rexión do Véneto (Italia), concederá a oportunidade a UMAD de valorar o traballo dos profesionais que xa veñen realizando programas de prevención, de forma que poidan contrastalos con extratexias conxuntas, e evalualos no marco europeo.
    A rede esta composta pola rexión do Véneto (coordinadora) os municipios Solna e Huddinge (Suecia), Santiago de Compostela, Letonia, a Diputación de Barcelona, Rumanía, Austria, Hungría.Imaxe dos participantes no programa

    Proxecto habilitas

    A UMAD forma parte do Proxecto Habilitas integrado por socios de España, Portugal, Finlandia e Italia. Este proxecto esta encadrado dentro do marco das accións da Axencia Nacional Sócrates e, concretamente, corresponde a unha acción gruntvigt-2. É unha asociación de aprendizaxe na que se desenvolven novas estratexias para estimular a demanda de aprendizaxe en persoas adultas e se experimenta con novos enfoques pedagóxicos.

    O obxetivo final desta asociación e crear uns materiais comúns a todos os países participantes para a implementación e o desenvolvemento de habilidades sociais e persoais. A elección destas habilidades como materia de traballo débese ao seu grande impacto na mellora das condicións de vida dos e das participantes no programa.

    Dentro das actividades do proxecto GRUNTVIG 2, o día 31 de xaneiro de 2008 presentouse a curtametraxe documental Lazos na Escola Profesional de Aveiro, en Portugal.
    Este curto foi elaborado na UMAD coa colaboración de usuarios do centro. Nel abórdase a superación das barreiras persoais, as habilidades sociais e promove valores como a confianza.
    Esta actividade pecha a participación da UMAD neste Programa Europeo Gruntvig 2. Ver imaxe. Ver publicación en prensa (Portugal)

    Programas da UMAD en EDDRA

    Programas da UMAD, que forman parte de EDDRA (Base de Datos de Actividades de Redución e Demanda de Drogas, do OEDT). Trátase dun sistema que recolle os mellores programas europeos no eido da Redución e da demanda, que está encamiñado a darlles difusión para que poidan ser utilizados como referencia por outros e outras profesionais do sector:



    © 2006 Concello de Santiago

    Aviso legal | Accesibilidade