UMAD. Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes. Concello de Santiago

Saltar menú


-

Mencións e premios

Desde a súa creación e posta en funcionamento a UMAD recibiu unha serie de mencións e premios ademais de ser incluída na Base de Datos Europea.

Algúns destes premios son:
  • Premio Vagalume 1997, convocado polo Departamento de Educación e Mocidade do Concello de Santiago de Compostela, á labor colectiva. Este premio ten por obxecto recoñecer o traballo que colectivos da cidade realizan cunha clara vocación social, contribuír ao desenvolvemento de actividades positivas e estimular a cooperación, a solidaridade e a igualdade entre a cidadanía compostelá.
  • 2º Premio no ano 2005, na II Convocatoria de Buenas Prácticas en Drogodependencias, da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), na categoría de Innovación Tecnolóxica e outras Áreas de Prevención, para o Programa presentado pola UMAD Prevención indicada con adolescentes en risco.
  • Medalla de ouro do Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela 2008. A xunta de Goberno do Colexio de Avogados de Santiago decidiu por unanimidade dos seus membros outorgar a medalla de ouro do Colexio no apartado de non colexiados á UMAD.
    O organismo considera que é merecedora desta distinción pola súa labor en prol da rehabilitación e reinserción social de aqueles que, por circunstancias da vida, cairon na drogodependencia.
    A medalla quere recoñecer tamén a estreita relación que mantiveron e manteñen os traballadores da UMAD cos avogados durante o seguimento dos procedementos penais, no convencemento uns e outros do fundamental da rehabilitación e das medidas, ben na vía penal, ben noutras, que a fomenten. Ver imaxes da entrega



© 2006 Concello de Santiago

Aviso legal | Accesibilidade