Curso nas aulas con alumnado conflitivo
Manexo do grupo Aula con alumnado conflitivo e traballo con casos prácticos
Obxectivos
- Dotar o profesorado de ferramentas para traballar a competencia social e a resolución de conflitos co seu alumnado.
- Que os e as participantes orienten as súas actuacións de carácter preventivo desde unha perspectiva non sancionadora nin represiva, senón educativa e responsabilizadora.
Contidos
O curso consta dunha fase presencial de 21 horas nas que se abordan as seguintes cuestións:
- Competencia social e valores.
- Mediación.
- Técnica de manexo de grupos.
- Anticipación de problemas.
E ten tamén unha fase non presencial de 5 horas que consiste na elaboración dun traballo ou dun proxecto sobre os contidos da fase presencial.
Métodos e materiais de traballo
- Exposición do tema.
- Presentación de materiais de apoio.
- Emprego de instrumentos pedagóxicos: role-playing e discusión entre compañeiros e compañeiras.
Poboación receptora
A totalidade da comunidade educativa: profesorado, departamentos de orientación, departamentos de titoría e departamentos de dirección.
Pódense estudar tamén as solicitudes doutros colectivos.
Prazos e criterios de admisión
A selección faise por orde de inscrición ata un máximo de 30 persoas.
Homologación do curso
Preséntase a documentación na
Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria para o recoñecemento, certificación, rexistro e homologación da formación dun total de 26 horas.
Datas de realización
Durante o curso escolar.
Inscrición
Envío da ficha de inscrición por fax, correo certificado ou correo electrónico.
Formación do profesorado