UMAD. Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes. Concello de Santiago

Saltar menú


-

Violencia na Escola - Casos prácticos

Obxectivos

  • Que os e as docentes adquiran as habilidades axeitadas para a resolución da violencia na aula.
  • Que os e as participantes coñezan os aspectos relacionados coa espiral da violencia nas aulas e os factores que a potencian e a manteñen.

Contidos

Consta de dúas fases, unha delas presencial de 21 horas na que se abordan as seguintes cuestións:
  • O clima da clase.
  • Establecementos de límites e normas efectivos.
  • O respecto mútuo.
  • Estratexias para captar e manter a atención do alumnado na aula.
  • A anticipación de problemas.

A outra fase é non presencial, de 5 horas, e consiste na elaboración dun traballo ou proxecto sobre os contidos da fase presencial.

Métodos e materiais de traballo

  • Exposición do tema.
  • Presentación de materiais de apoio.
  • Emprego de instrumentos pedagóxicos: role-playing e discusión entre compañeiros e compañeiras.
  • Exposicións breves adaptadas ás dificultades que presenten os e as participantes.

Poboación receptora

A totalidade da comunidade educativa: profesorado, departamentos de orientación, departamentos de titorías e departamentos de dirección.

Tamén se poden estudar as solicitudes doutros colectivos.

Prazos e criterios de admisión

A selección faise por orde de inscrición ata un máximo de 30 persoas.

Homologación do curso

Preséntase a documentación na Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria para o recoñecemento, certificación, rexistro e a homologación da formación dun total de 26 horas.

Datas de realización

Durante o curso escolar.

Inscrición

Envío da ficha de inscrición a través do fax, o correo certificado ou o correo electrónico.

Formulario de preinscrición

Lembra que todos os campos marcados son obrigatorios

Os datos recibidos serán empregados unicamente para os fins relacionados coa Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes do Concello de Santiago de Compostela e en todo momento respectarase o que sinala a Lei de Protección de Datos -Lei Orgánica 15/1999, de 13/XII, de Protección de Datos de Carácter Persoal e Real Decreto 994/1999, de 11/VI, polo que se aproba o Regulamento de Medidas de Seguridade dos ficheiros automatizados de conteñan datos de carácter persoal-.

Formación do profesorado



© 2006 Concello de Santiago

Aviso legal | Accesibilidade