Escolar
Prevención coincide case exactamente co que é a tarefa da educación. Os obxectivos en boa medida son os mesmos, ata o punto de que non podemos previr sen educar e para poder facelo necesitamos absolutamente contar cos educadores e coas educadoras.
Sabemos que non podemos deixar a responsabilidade da educación a cargo exclusivamente dos e das profesionais desta. Todos, empezando pola familia e a propia comunidade, asumiremos parte da esixencia de axudar a que a nosa mocidade medre máis madura e máis libre.
Tamén sabemos que non é infrecuente a tendencia a delegar a totalidade das tarefas nas mans dos educadores que se ven cargados coa responsabilidade colectiva. Por iso desde a
UMAD nos comprometemos a prestar axuda para que poidan realizar o que a sociedade lles solicita.
Para iso ofértanselles os seguintes programas preventivos escolares:
Non pasa nada... pasa algo?
A experiencia de educar para a saúde na escola