UMAD. Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes. Concello de Santiago

Saltar menú


-

Familiar

A familia ten un papel indiscutible na prevención do consumo de drogas por ser a única institución na que o individuo participa durante toda a súa vida e, como tal, debe ter un papel activo na prevención do consumo.

Destinado a nais e pais interesados na materia, estes programas pretenden incrementar as competencias dos pais e das nais que farán máis improbable a implicación dos seus fillos e fillas en estilos de vida insáns. Os contidos que se traballan son: a educación dos fillos e das fillas, os recursos e ferramentas educativas para os pais e as nais, as dificultades na relación cos fillos e fillas, a comunicación, a autoestima, etc.



© 2006 Concello de Santiago

Aviso legal | Accesibilidade