UMAD. Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes. Concello de Santiago

Saltar menú


-

Prevención



Trátase dun conxunto de programas que buscan xerar unha cultura de rexeitamento ás drogas e informar a mocidade para que desenvolva estilos de vida positivos, saudables e autónomos.

Previr o consumo non pode limitarse á advertencia dos riscos, sendo isto necesario, é preciso ir máis aló. Previr esixe apoiar o desenvolvemento das persoas e dos grupos sociais, moi concretamente da mocidade, tratando de xerar espazos dunha maior liberdade.

Esta liberdade hai que entendela ao tempo como unha capacidade de autonomía, de ter máis opcións viables, de ser máis capaz de organizar a propia vida, sen necesidade (ou con menos necesidade) de acudir a apoios externos e, moito menos, a solucións "máxicas" que rematan por volvérense en contra da propia persoa, empobrecéndoa e limitándoa.



© 2006 Concello de Santiago

Aviso legal | Accesibilidade