UMAD. Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes. Concello de Santiago

Saltar menú


-

Adestramento en Habilidades Sociais

Programa que consiste na aprendizaxe de 'habilidades sociais' por parte do alumnado a través do xogo de roles. Ao longo dos 10 anos de vida deste programa, destacamos non só o incremento da demanda de 14 alumnos e alumnas iniciais ata os 520 actuais, senón tamén a continuidade dos centros que praticipan, máis do 90% dos colexios que se inician ou participan no programa continúan a traballar neste tipo de actividades.

Poboación receptora

Alumnado de 6º de EPO

Obxectivos xerais

Que a conduta socialmente competente na infancia/adolescencia sirva de soporte para o desenvolvemento persoal posterior do individuo, diminuíndo a posibilidade de que aparezan e se instauren condutas non axeitadas (por exemplo o abuso de drogas).

Obxectivos específicos

  • Desenvolvemento das competencias sociais, ampliando e axeitando o repertorio dos comportamentos do e da adolescente en situacións interpersoais.
  • Facilitar o mantemento de relacións sociais satisfactorias e diminuír e/ou extinguir os comportamentos desadaptados.
  • Modificar actitudes, normas e crenzas para favorecer a adopción de medidas de prevención.

Actividades

As actividades deste programa céntranse no xogo de roles cos compañeiros e compañeiras, mediante preguntas moi sinxelas recollidas en tarxetas, unha devolución obxectiva de cómo fixeron o exercicio.

Unha das particularidades deste programa é que son as propias alumnas e alumnos os que realizan todo o proceso de elaboración para a súa participación. Os monitores e as monitoras presentan un modelo sobre habilidade social que, segundo eles e elas sería interesante traballar (por exemplo dar unha pequena negativa, poñerse no lugar do outro, afrontar conflitos, dar e recibir opinións agradables, etc.). A partir destas primeiras ideas, son os propios alumnos e alumnas as que, a través do traballo en equipo, deciden a forma de representar a situación para darlle unha solución. Isto permite, desde un primeiro momento, observar e avaliar o seu desenvolvemento no traballo, tanto individual coma colectivo.

Datas de realización

Durante o curso escolar. Utilízanse, fundamentalmente, as horas de titorías.

Inscricións

Envío da ficha de inscrición a través do fax, do correo certificado ou do correo electrónico.
Voltar

Preinscripción

Pode preinscribirse enviando por correo electrónico o formulario de preinscrición ou tamén descargándoo aquí e enviándoo ao número de fax: 981 528 780.


© 2006 Concello de Santiago

Aviso legal | Accesibilidade