UMAD. Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes. Concello de Santiago

Saltar menú


-

Obradoiro de Sexo Máis Seguro

dúas escolares debuxando un emoticon co lema sida

Poboación receptora

Alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato.

Obxectivos xerais

  1. Que a conduta socialmente competente na infancia/adolescencia sirva de soporte para o desenvolvemento persoal posterior do individuo, diminuíndo a posibilidade de que aparezan e se instauren condutas non axeitadas (por exemplo o abuso das drogas).
  2. Proporcionar información axeitada e suficiente sobre sexualidade e prevención para evitar a diseminación de mitos, falacias e tabús que favorecen a adopción de comportamentos de risco.

Obxectivos específicos

  1. Desenvolvemento das competencias sociais, ampliando e axeitando o repertorio dos comportamentos da adolescente e do adolescente en situacións interpersoais.
  2. Facilitar o mantemento de relacións sociais satisfactorias e diminuír e/ou extinguir os comportamentos desadaptados.
  3. Modificar actitudes, normas e crenzas para favorecer a adopción de medidas de prevención.
  4. Aumentar os niveis de susceptibilidade e gravidade cara aos riscos sexuais.
  5. Favorecer a valoración dos efectos a curto e longo prazo dos comportamentos sexuais.
  6. Dotar os mozos e as mozas de habilidades de relación, autoeficacia e asertividade para a realización dun sexo máis seguro.
  7. Maximizar os beneficios e minimizar os custos derivados do uso das medidas preventivas eficaces.
  8. Favorecer o desenvolvemento de habiliadades de comunicación necesarias para a discusión (respectar quendas, expresar opinións e sentimentos, escoitar coa intención de entender, etc.).
  9. Favorecer a conceptualización da intolerancia como un problema do que todos e todas podemos ser vítimas, de natureza destrutiva tanto para a persoa cara á que se dirixe coma para a persoa que o activa, e contra o que todos e todas podemos e debemos loitar.
  10. Identificar prexuízos e estereotipos e xerar esquemas de clasificación e razoamentos alternativos.
  11. Desenvolver esquemas que permitan comprender as diferencias sociais incluíndo conceptos abstractos, propoñendo diversas hipóteses explicativas e realizando axeitadamente inxerencias causais.
  12. Estimular a empatía cara ás persoas e aos grupos que adoitan ser obxecto de intolerancia de tipo psicolóxico e verbal.

Actividades

O programa desenvólvese a través de sesións de 1 hora e 40 minutos. O número de sesións é de 4 cunha periodicidade semanal.

Estas sesións realizanas dous técnicos ou técnicas nos centros educativos e en horario lectivo.

As técnicas e procedementos empregados son: xogo de roles, modelado, discusión e debate entre compañeiros e compañeiras, aprendizaxe cooperativa e experiencias de responsabilidade e resolución de conflitos, entre outras.

Datas de realización

Durante o curso escolar utilizando, fundamentalmente, as horas de titorías.

Inscricións

Contacto directo co persoal de prevención da UMAD, vía teléfono, fax e correo electrónico. A/o técnica/o da UMAD a comezos do curso escolar pónse en contacto con todos os centros educativos para informar da oferta deste programa e recoller as solicitudes.
Voltar

Preinscripción

Pode preinscribirse enviando por correo electrónico o formulario de preinscrición ou tamén descargándoo aquí e enviándoo ao número de fax: 981 528 780.


© 2006 Concello de Santiago

Aviso legal | Accesibilidade