UMAD. Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes. Concello de Santiago

Saltar menú


-

Cinensino

O programa de prevención escolar Cinensino leva máis dunha década como programa pra incentivar actitudes saudables na comunidade escolar e como prevención das drogodependencias. Pretende ser un instrumento complementario dentro do actual sistema educativo.

Poboación receptora

Alumnado de entre 10 e 14 anos, dividido en alumnado de EPO e ESO.

Obxectivos xerais

Preténdese diminuír ou eliminar os factores de risco que poden facilitar o consumo de alcol e doutras drogas así como adquirir ou potenciar os factores de protección no alumnado que axuden a favorecer estilos de vida máis saudables e a rexeitar o consumo de substancias/drogas, retrasar o seu inicio ou, no caso de consumilas, facelo co menor risco posible.

Actividades

Este programa utiliza como soporte base o cinema, mediante a proxección dunha película vanse profundando e traballando na aula diferentes temas de interese relacionados coa prevención do consumo de drogas.

Ao longo do curso proxéctanse tres películas e con cada unha delas entréganse ao alumnado e ao profesorado uns materiais nos que se propón realizar unha serie de actividades relacionadas coa película e coa prevención. O programa consta dun curso de formación en prevención en drogodependencias para o profesorado.

Datas de realización

Durante o curso escolar.

Inscricións

A través da web de Estinga.
Voltar


© 2006 Concello de Santiago

Aviso legal | Accesibilidade