UMAD. Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes. Concello de Santiago

Saltar menú


-

Programa de Prevención do Consumo de Drogas na Escola (PPCDE)

Programa de prevención universal para todo o alumnado desde a Educación Infantil ata o Bacharelato e os Ciclos Formativos. Insírese no currículo a través da Educación para a Saúde e pódese aplicar como materia transversal ou en titorías. Está deseñado para ser incluído no PEC ou, en todo caso, na programación da aula.

Poboación receptora

Alumnado de Educación Infantil ata o Bacharelato e os Ciclos Formativos.

Obxectivos

O obxectivo xeral é o de influír nas crenzas e nas actitudes do alumnado sobre as drogas e o seu consumo, así como no consumo actual de drogas e na intención de consumo futuro dos e das estudantes de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos.

Actividades

A partir do coidado da propia saúde propóñense actividades individuais e de grupos adaptadas ás diferentes idades (desde os 5 até os 18 anos). Así, de xeito gradual e comprensible, permíteselle ao alumnado aumentar e fortalecer a súa competencia persoal en canto ao risco do uso e do abuso de drogas.

Estas actividades están agrupadas por secuencias en cadernos clasificados por ciclos (no caso do EPO) e por cursos (para EI, ESO e Bacharelato).

Ademais, e tendo en conta a carga de traballo propia dos centros educativos, estas actividades están supeditadas á selección do educador e da educadora que as leve a cabo en función do tempo de que dispoña, das propias características do grupo ou da programación anual do propio centro.

Datas de realización

Durante o curso escolar utilizando, fundamentalmente, as horas de titorías.

Inscricións

Envío da ficha de inscrición a través do fax, do correo certificado ou do correo electrónico.
Voltar

Preinscripción

Pode preinscribirse enviando por correo electrónico o formulario de preinscrición ou tamén descargándoo aquí e enviándoo ao número de fax: 981 528 780.

Documentos

A través deste apartado podes descargar os formularios e o distinto material gráfico que produce a UMAD ao longo do ano:


© 2006 Concello de Santiago

Aviso legal | Accesibilidade