UMAD. Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes. Concello de Santiago

Saltar menú


-

Enfrontando os problemas

O programa Enfrontando os problemas vai destinado a adolescentes en situación de risco relacionada co fracaso escolar, problemas de conduta, inicio ou consumo frecuente de drogas, dificultades familiares, etc. Trátase de evitar a consolidación destas condutas e reducir ou eliminar todos aqueles problemas que van asociados.

Poboación receptora

O programa Enfrontando os problemas vai dirixido a aquelas familias con adolescentes en situación de risco, que presentan condutas desadaptadas, non sendo necesario o uso e/ou abuso de drogas.

Obxectivos

  • Desenvolvemento dos factores de protección e a diminución dos factores de risco asociados ao uso/abuso de drogas, coa fin de evitar que os menores e as menores que presentan unha conduta de uso ou abuso deriven nun problema de adicción.
  • Búscase a implicación das familias dos e das adolescentes e trátase de crear o grao necesario de motivación que os predispoña a unha reconsideración dos problemas e das súas causas, así como da forma de afrontalos.
  • Trátase de crear as circunstancias que faciliten un proceso de cambio e tamén se serve da coordinación e da colaboración dos axentes sociais e das institucións implicadas.

Actividades

  • Sesións de terapia familiar.
  • Sesións de terapia individual cos adolescentes e coas adolescentes ou cos pais e nais.
  • Sesións grupais de pais e nais.
  • Programa de urinoanálise.
  • Actividades de coordinación con outros profesionais, principalmente do sistema educativo.

Horario

Este programa desenvólvese durante todo o ano en horario de mañá e de tarde para adaptarse, na medida do posible, ás condicións de vida do e da adolescente e da familia.

Información

Por teléfono, fax, correo certificado ou correo electrónico.
Voltar


© 2006 Concello de Santiago

Aviso legal | Accesibilidade