UMAD. Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes. Concello de Santiago

Saltar menú


-

Escola de pais e nais para a educación

encontro de pais e educadores

Poboación destinaria

Pais e nais.

Obxectivos xerais

Incrementar as competencias parentais que farán máis improbable a implicación dos seus fillos e fillas en estilos de vida insáns.

Obxectivos específicos

  1. Implicar dun xeito activo os pais e as nais na prevención das drogodependencias dos seus fillos e fillas.
  2. Que os pais e nais elaboren distintas estratexias e recursos que faciliten a autonomía e responsabilidade dos fillos e das fillas.
  3. Dotar os e as participantes de información e formación sobre os temas que lles preocupan na educación dos fillos e fillas.
  4. Fomentar o lecer e o tempo libre nos pais e nais e na familia en xeral.

Metodoloxía

A forma de desenvolver as diferentes actividades é eminentemente práctica.
Isto significa que a partir de breves exposicións a modo de introdución aos diferentes temas, realízanse dinámicas de participación e de traballo en grupo.

Coa guía de profesionais e coa participación de expertos nos diferentes temas, preténdese ofrecer un espacio de diálogo e de escoita onde compartir as experincias dos e das participantes.

Isto faise a través de, por exemplo, a análise e a discusión de documentación sobre o tema, casos prácticos, deseño de estratexias, xogo de roles, debate, traballo en pequenos grupos, etc.

Simultaneamente, ofértase un servizo de ludoteca gratuíto para os fillos pequenos dos participantes durante o tempo que duran as sesións, (a ludoteca está atendida por voluntarios do Servicio de Voluntariado da Universidade de Santiago de Compostela).
Voltar

Preinscripción

Pode preinscribirse enviando por correo electrónico o formulario de preinscrición ou tamén descargándoo aquí e enviándoo ao número de fax: 981 528 780.


© 2006 Concello de Santiago

Aviso legal | Accesibilidade