UMAD. Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes. Concello de Santiago

Saltar menú


-

Resolución de Conflitos entre Pais/Nais e Fillos/as

Trata de ser unha ferramenta de capacitación das nais e dos pais na resolución de conflitos e na mellora da relación cos seus fillos e fillas, co fin de resolver os problemas que poden xurdir durante o crecemento destes e na etapa da adolescencia. Preténdese conseguir unha diminución dos factores de risco e a potenciación daqueles factores protectores que corresponden ao ámbito familiar, encamiñando a xente nova cara á responsabilización e cara á autonomía.

Poboación receptora

Pais e nais con fillos e fillas adolescentes.

Obxectivos

  • Promocionar as relacións paterno-filiais alonxadas do estilo de sobreprotección.
  • Ensinar os pais e as nais no manexo de situacións conflitivas, aumentando a súa asertividade.
  • Promocionar outras situacións agradables dentro dun estilo responsablemente permisivo, incrementando a satisfacción na relación do pai ou nai co fillo ou filla.
  • Mellorar a comunicación e a expresión de emocións entre pais e nais e fillos e fillas.
  • Facilitar o camiño cara á autonomía da mocidade.

En xeral, búscase dotar os pais e as nais dunha serie de recursos que farán máis improbable que os seus fillos e fillas se involucren en estilos de vida insáns.

Actividades

O programa consta de 7 sesións de 1 hora e 30 minutos de duración cada unha. A periodicidade é semanal.

Realízase unha intervención grupal mediante participación activa. Pártese de aspectos da psicoloxía das relacións familiares.

O desenvolvemento dunha sesión tipo e:
  • Corrección das tarefas a realizar entre sesións.
  • Exposición do tema.
  • Realización de dinámicas (choiva de ideas, role-playing, casos práctivos, etc.).

Horario

Este programa desenvólvese durante todo o ano en horario a determinar polo demandante.

Inscricións

Solicitudes por teléfono, fax, correo certificado ou correo electrónico.
Voltar

Preinscripción

Pode preinscribirse enviando por correo electrónico o formulario de preinscrición ou tamén descargándoo aquí e enviándoo ao número de fax: 981 528 780.


© 2006 Concello de Santiago

Aviso legal | Accesibilidade