UMAD. Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes. Concello de Santiago

Saltar menú


-

Formación do profesorado

Poboación receptora

Profesorado, equipos directivos, equipos de orientación e todos e todas os e as profesionais da educación.

Obxectivos xerais

Capacitar o profesorado como axentes de prevención pero tamén hai unha serie de obxectivos específicos.

Actividades

  1. Cursos de formación presencial cunha duración de 26 horas, divididas nunha fase presencial de 8 sesións de 2 horas e 30 minutos, e outra non presencial de 5 horas.

    O esquema tipo dunha sesión é o seguinte:
    • Exposición do tema.
    • Presentación de materiais de apoio.
    • Emprego de intrumentos pedagóxicos: role-playing e discusión entre compañeiros e compañeiras.

    Para cumprimentar a fase non presencial, as participantes e os participantes deben remitir un informe da realización de actividades preventivas.

    Estes cursos están homologados pola Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria.
  2. Cursos de formación a distancia, que lle permiten á persoa que aprende, seguir un ritmo de traballo de acordo cos seus coñecementos previos e co seu tempo libre. Destinado a profesorado de Primeiro e Segundo Curso da ESO dos centros escolares inscritos no Programa de Prevención de Drogodependencias de Cinensino, que promove Estinga.

Datas de realización

Durante o curso escolar.

Inscricións

Contacto directo co persoal de prevención da UMAD, vía teléfono, fax e correo electrónico. O equipo técnico da UMAD a comezos do curso escolar pónse en contacto con todos os centros educativos para informar da oferta deste programa e recoller as solicitudes. Ofértase tamén a través de dípticos.


Actividades


Voltar

Documentos

A través deste apartado podes descargar os formularios e o distinto material gráfico que produce a UMAD ao longo do ano:


© 2006 Concello de Santiago

Aviso legal | Accesibilidade