UMAD. Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes. Concello de Santiago

Saltar menú


-

Programa Asistencial de Deshabituación Tabáquica

Polos riscos para a saúde pública e os problemas de produtividade causados polo tabaco, a UMAD considera como obriga crear un ambiente saudable e produtivo nos centros de traballo para que todos e todas poidamos desenvolver axeitadamente o noso labor, polo que se pón en marcha este programa para todos os traballadores e traballadoras do termo municipal de Santiago de Compostela.

Ponse a disposición dos traballadores e das traballadoras e dos centros de traballo, material divulgativo coa finalidade de sensibilizar e mellorar a información que se ten sobre estas substancias, achegándolles pautas de actuación fronte ao posible consumo destas, incrementando así a percepción do risco e recursos que ofrece a nosa comunidade para o abandono do tabaco.

Poboación receptora

Colectivo de traballadores e traballadoras do termo municipal de Santiago de Compostela.

Obxectivos xerais

  • Orientar, asesorar e facilitarlle ao persoal fumador os medios necesarios para deixar de fumar.
  • Diminuír a prevalencia do tabaquismo na poboación.
  • Crear unha boa convivencia entre fumadores e non fumadores.
  • Diminuir os gastos económicos xerados polo tabaquismo: baixas laborais, etc.

Actividades

  • Distribución de material informativo utilizando como soporte dípticos e carteis, notoriamente visibles nos centros de traballo, nas zonas habilitadas para tal fin.
  • Difusión das mensaxes da campaña a través dos medios de comunicación.

Para conseguilo ofértanse os seguintes programas de deshabituación tabáquica:
  • Programa Psicolóxico (individual e en pequenos grupos).
  • Programa Farmacolóxico (individual).
  • Programa Psicofarmacolóxico (individual).

Datas de realización

Durante todo o ano.

Inscricións

Envío da ficha de inscrición vía fax, correo certificado ou correo electrónico.
Voltar


© 2006 Concello de Santiago

Aviso legal | Accesibilidade