UMAD. Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes. Concello de Santiago

Saltar menú


-

Programa de Prevención do Alcolismo Xuvenil

Hoxe en día moitos mozos e mozas teñen maiores oportunidades e dispoñen de máis ingresos, pero por iso son máis vulnerables ás técnicas de márketing e vendas, que cada vez son máis agresivas en substancias potencialmente perigosas coma o alcol. O que fai que a decisión tomada non sexa libre xa que se basea en información incorrecta.

Desde a UMAD póñense en marcha actuacións encamiñadas a sensibilizar á xente nova sobre os problemas derivados do consumo de alcol, desmitificando os seus efectos e os tópicos que existen arredor deste consumo. As campañas inclúen materiais consumibles (alfombriñas de ordenador, fundas de móbiles, etc.) e gráficos (carteis, dípticos, postais, adhesivos, etc.) que teñen como obxectivo difundir a mensaxe en centros escolares, asociacións xuvenís, centros socioculturais, locais de diversión nocturna e outros aos que a poboación destinataria accede habitualmente.

Poboación receptora

Menores, mocidade, pais e nais.

Obxectivos

  • Que os mozos e mozas descubran con obxectividade que é o que pode acontecer se toman a iniciativa de usar o alcol e, deste xeito, que poidan tomar decisións máis correctas facendo unha reflexión previa con elementos e coñecementos reais.
  • Diminución do uso e abuso do alcol, evitando o desenvolvemento de patróns de consumo problemáticos.
  • Aumento da idade de inicio no consumo do alcol.

Actividades

  • Distribución de material informativo utilizando como soporte dípticos, carteis, pegatinas e postais, notoriamente visibles nos locais de diversión nocturna e por todos os locais públicos aos que a poboación destinataria ten acceso a cotío.
  • Distribución de materiais en centros educativos, asociacións e todo aquel que o solicite xustificando o seu fin.

Datas de realización

Este programa desnvólvese durante todo o ano.

Inscricións

Pódese solicitar material por vía telefónica, fax, correo certificado ou correo electrónico.
Voltar


© 2006 Concello de Santiago

Aviso legal | Accesibilidade