UMAD. Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes. Concello de Santiago

Saltar menú


-

Kamelamos Guinar

murais con lemas alusivos á sida

Kamelamos guinar (Queremos contar) é un programa de Prevención de Drogas e VIH coa participación de rapaces e rapazas da comunidade xitana de Santiago (aínda que aberto a outros rapaces e rapazas que queiran participar como forma de vivir a interculturalidade), que utilizando as vías de expresión da cultura xitana como a música , o flamenco, e actividades atractivas para os mozos e mozas ten como obxectivos realizar prevención sobre o VIH.

A liña educativa a seguir neste programa é a da participación e integración nas iniciativas sociocomunitarias do barrio das Fontiñas.

Desde o ano 1999 o programa atendeu unha media de 25 a 30 rapaces e rapazas por ano en idades comprendidas entre os 9 e os 17 anos e sobre 20 mulleres de media desde o 2002, co cal serían aproximadamente, entre 125 a 130 nenos e nenas e sobre 60 mulleres.

Determinados rapaces e rapazas é difícil que accedan a esta información, xa que ao chegar á adolescencia, abandonan con máis frecuencia as actividades extraescolares nas que se pode incidir nos temas de prevención.

Obxectivos xerais

  • Realizar unha experiencia preventiva sobre o VIH e as drogas, con mozos e mozas dos barrios de Fontiñas, en particular pertencentes á etnia xitana, pero sen excluír a outros mozos e mozas que queiran participar.
  • Previr condutas de risco e dotar de alternativas de lecer e tempo de libre saudables.
  • Vivir unha experiencia positiva e saudable no grupo de pares, nenos e nenas con baixa autoestima, fracaso e/ou absentismo escolar.
  • Aumentar a autoestima dos nenos e nenas que realizan o programa.
  • Abordar o tema de prevención das drogas e do VIH/SIDA sen separalo doutros temas de interese cotián (nutrición, identidade cultural, alternativas de tempo de lecer, etc.) xa que están entre nós.
  • Dinamizar o traballo de integración e coordinación co barrio.
  • Escoitar e orientar as demandas dos rapaces e das rapazas.

Xustificación e deseño

Kamelamos Guinar prioriza nas súas actividades as seguintes premisas:
  • Utilizar claves culturais para intervir, é dicir, ter en conta as peculiaridades ás que antes nos referíamos, respectalas e apoiarnos nelas.
  • Utilizar información correcta, canles axeitadas e materiais axeitados
  • . Utilizar os nenos e nenas como axentes de saúde na familia e entre grupos de pares.
  • Do mesmo xeito pensamos que nas actuacións musicais, á parte de reforzalos positivamente, os espectadores poden valorar outro achegamento á cultura xitana de forma máis positiva.

Voltar


© 2006 Concello de Santiago

Aviso legal | Accesibilidade