UMAD. Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes. Concello de Santiago

Saltar menú


-

Diálogo a Tres Voces

Consiste nunha mesa redonda onde participan como relatores e relatoras e como público as tres voces principais do ámbito educativo, isto é, alumnado, profesorado e pais e nais.

Nestas mesas redondas trátanse temas de actualidade relacionados coa prevención e que afectan a comunidade educativa.

Poboación receptora

Pais, nais, profesorado e mocidade.

Obxectivos xerais

  • Crear un lugar de encontro e escoita entre pais e nais e fillos e fillas.
  • Incrementar as competencias parentais que farán máis improbable a implicación dos seus fillos e fillas en estilos de vida insáns.
  • Implicar dun xeito activo os pais e as nais na prevención das drogodependencias dos seus fillos e filas.

Actividades

Realízanse sucesivas mesas redondas con diferentes temas a tratar.

Datas de realización

Durante o curso escolar.

Inscricións

Envío da ficha de inscrición a través do fax, do correo certificado ou do correo electrónico.
Voltar


© 2006 Concello de Santiago

Aviso legal | Accesibilidade