UMAD. Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes. Concello de Santiago

Saltar menú


-

Información para a mocidade

Obxectivos

  • Incrementar a percepción do risco que os mozos e mozas teñen sobre o consumo de cannabis, alcol, drogas de síntese e cocaína.
  • Mellorar a información que os pais e as nais teñen sobre estas substancias, achegándolles pautas de actuación fronte ao posible consumo das mesmas por parte dos seus fillos e fillas.

Poboación receptora

Pais e nais, mozos e mozas (maiores de 14 anos), centros educativos, centros socio-culturais, asociacións xuvenís e Anpas; ademais da totalidade da comunidade educativa: profesorado, departamentos de orientación, departamentos de titorías e departamentos de dirección.

Contidos

Os temas que se tratan son:
  • Mitos e informacións erradas.
  • Motivos polos que se consume e polos que non se debe consumir.
  • Información obxectiva sobre os efectos do consumo de drogas.
  • Que facer ou non facer en situacións de consumo de alto risco.
  • Que facer se se quere deixar as drogas.
  • Como deben afrontar as drogas os pais e as nais.

Método

Poñer a disposición dos mozos e das mozas, pais e nais, centros educativos, centros socio-culturais, asociacións xuvenís e Anpas o material divulgativo.

Materiais

  • Cuadrípticos sobre o cannabis.
  • Cuadrípticos sobre o alcol.
  • Cuadrípticos sobre as drogas de síntese.
  • Cuadrípticos sobre a cocaína.
  • Guías para a mocidade sobre cannabis.
  • Guías para a mocidade sobre alcol.
  • Guías para a mocidade sobre drogas de síntese.
  • Guías para a mocidade sobre cocaína.
  • Guías para pais e nais sobre cannabis.
  • Guías para pais e nais sobre alcol.
  • Guías para pais e nais sobre drogas de síntese.
  • Guías para pais e nais sobre cocaína.
  • Como solicitalos

    Mediante o envío dunha ficha de solicitude a través do fax, o correo certificado ou o correo electrónico.
    Voltar

Solicitude

Pode solicitar información enviando por correo electrónico o formulario de Solicitude ou tamén descargándoo aquí e enviándoo ao número de fax: 981 528 780.

Documentos

A través deste apartado podes descargar os formularios e o distinto material gráfico que produce a UMAD ao longo do ano:


© 2006 Concello de Santiago

Aviso legal | Accesibilidade