UMAD. Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes. Concello de Santiago

Saltar menú


-

De bo rollo

É un proxecto experimental de convivencia para a prevención de conflitos nos centros escolares e vai dirixido ao alumnado de 1º de ESO para traballar, conxuntamente no campo educativo, problemáticas actuais coma o absentismo escolar, a violencia, a falta de motivación, etc.

Poboación receptora

Alumnado de 1º de ESO, aínda que pode participar todo o alumnado.

Obxectivos xerais

Mellorar a convivencia nos centros escolares reducindo, ou eliminando, estes
conflitos.

Obxectivos específicos

  • Axudar ao alumnado a que desenvolva unha serie de competencias sociais que lle axuden na súa vida diaria.
  • Facilitar as relacións sociais a través do ensino de certas habilidades sociais.
  • Evitar posibles situacións problemáticas nas relacións entre o alumnado mediante o fomento de actitudes positivas, traballo cooperativo e grupal, etc.

Actividades

Consta dun programa de reforzamento das habilidades sociais xa aprendidas en anteriores obradoiros sobre este tema (coma o realizado en 6º de EPO). E unha segunda parte onde se realizan actividades complementarias no tempo de recreo e lecer.

Datas de realización

Durante o curso escolar. Utilízanse, fundamentalmente, as horas de titorías. Sete sesións, cunha duración de 50 minutos cada sesión para o reforzamento das habilidades sociais.

Obradoiros realizados nos recreos (de 20 minutos cada un, sendo dous ao día) durante o curso escolar. Para poñer en práctica o traballado na aula, sempre que se poida, nas diferentes dináminas que se realicen nos recreos.

Inscricións

Envío da ficha de inscrición a través do fax, o correo certificado ou o correo electrónico.
Voltar


© 2006 Concello de Santiago

Aviso legal | Accesibilidade