UMAD. Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes. Concello de Santiago

Saltar menú


-

Obradoiro sobre drogas con adolescentes

Podemos definir o Programa de Información e Formación sobre Drogas con Adolescentes coma un programa de prevención selectiva de drogodependencias dirixido a adolescentes, que ten como obxectivo informar e formar sobre o tema das drogas e dos riscos asociados ao seu uso e abuso, nos ámbitos físico, psíquico e social.

Poboación receptora

O obradoiro está destinado aos alumnos e as alumnas de entre 14 e 18 anos, idades nas que se inicia a experimentación con esas substancias. Trátase dun programa de prevención universal, dirixido a un grupo-aula de 4º de ESO por ser esta a idade media na que se inicia o contacto coas drogas legais e ilegais.

Obxectivos xerais

  • Informar e formar as adolescentes e os adolescentes a a mocidade escolarizada sobre as drogas, os riscos asociados ao seu uso e/ou abuso (nos ámbitos físico, psíquico e social), mitos e crenzas erradas e as habilidades de afrontamento de situacións de risco.
  • Mellorar no alumnado participante a súa información sobre as substancias e os seus efectos e as consecuencias nos aspectos físicos, psíquicos, sociais e legais.
  • Coñecer mellor os mitos e crenzas erradas sobre o uso das drogas para facilitar unha toma de decisións máis correcta e de menor risco.
  • Facilitar que o alumnado teña unha maior percepción do risco en relación co consumo de alcol, tabaco, cannabis e drogas de síntese.

Actividades

Ante a demanda procedente dos centros educativos, envíaselles un cuestionario de preguntas abertas coa finalidade de describir a situación. Esta información serve para realizar a análise previa á execución do programa.

Posteriormente comézase a intervención grupal, ao longo de catro sesións cunha duración aproximada de 1 hora e 30 minutos, habitualmente en horario lectivo e cunha frecuencia semanal. Estas sesións desenvólvenas 2 técnicos ou técnicas formados no programa.

Estas sesións preséntanse cunha estrutura flexible e aberta, adaptada aos coñecementos e intereses do alumnado.

As sesións desenvólvense seguindo a metodoloxía:
  • Investigación-acción, un método fundamentalmente participativo, no que os e as adolescentes son protagonistas da súa aprendizaxe.
  • Poténciase o desenvolvemento de habilidades de intercambio de opinións e de interacción grupal como factor de aprendizaxe.

Canto ás técnicas a utilizar nun marco activo e participativo de grupo pequeno, mencionar as seguintes:
  • Discusión dirixida/debate.
  • Choiva de ideas.
  • Diálogo simúltaneo/murmurio.

Respecto á organización da aula esta non require modificacións no seu espazo físico, senón unicamente na disposición do mobiliario en función do tipo de traballo e do agrupamento do alumnado (individual, pequeno grupo e gran grupo).

Datas de realización

Durante o curso escolar utilizando, fundamentalmente, as horas de titoría.

Inscricións

Contacto directo co persoal de prevención da UMAD, vía teléfono, fax e correo electrónico. O equipo técnico da UMAD no comezo do curso escolar pónse en contacto con todos os centros educativos para informar da oferta deste programa e recoller as solicitudes.
Voltar

Preinscripción

Pode preinscribirse enviando por correo electrónico o formulario de preinscrición ou tamén descargándoo aquí e enviándoo ao número de fax: 981 528 780.


© 2006 Concello de Santiago

Aviso legal | Accesibilidade