UMAD. Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes. Concello de Santiago

Saltar menú


-

Que é a UMAD?

Quen somos?

A Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes (UMAD) do Concello de Santiago de Compostela comenzou a funcionar o 1 de outubro de 1986.

Pertence á rede de centros da Subdirección Xeral de Saúde Mental e Drogodependencias da Xunta de Galicia e está composta dunha Unidade Asistencial Ambulatoria de Drogodependencias (UAD), dunha Unidade Semirresidencial de Día (UD) e dun equipo de Prevención de Drogodependencias.

En que consiste o noso traballo?

O noso labor está dirixida ao tratamento das drogodependencias nas súas fases de desintoxicación, deshabituación e integración social. Tamén se desenvolven programas e actividades de prevención: Escolar, Xuvenil, Comunitaria, etc.

A quen atendemos?

Atendemos a persoas con problemas derivados do uso, o abuso e/ou a dependencia das drogas. Estes problemas poden ser de saúde, familiares, xudiciais, laborais, etc.



© 2006 Concello de Santiago

Aviso legal | Accesibilidade